Tiña medo.
Fai un tempo tiña medo. Vivía en constante ansiedade polo medo a non ser aceptada. Temía por mín e por quedarme soa, non podía pensar noutra cousa máis que eu sen ninguén ao meu carón. Pensando que, se decía, facía, me gustaba ou actuaba en consecuencia ao que me gustaba me xuzgarían e apartarían. Que me ETIQUETARÍAN como rara.
Por eso sempre fun moi adaptable, pero sempre me forcei a selo. Chegou un punto na miña vida que, estar en constante ansiedade e tensión por adaptarme as persoas coas que estaba se volveu unha característica máis. Ao final, saliu natural. A día de hoxe teño unha facilidade de cambio enorme, adaptome as personalidades dos que me rodean e aos temas que lles interesan. Sí, é certo, ao principio a gran mayoría non eran temas que a min me orixinaban pasión e amor, eses temas eran vacíos e circunstanciales, superficiales. Tamén é certo que, os meus intereses quedaban un pouco máis en segundo plano.
Avergonzabame de que me gustaran os 'debuxos animados' que se chama anime para os incultos, de clases de roupa axustadas que me houbese gustado poñer, avergónzabame de ser eu, e forzabame a rir sempre e sentirme despreocupada, cando puxen o meu primeiro piercing máis visible forceime en non sair chorando cando viñeron verme a miña clase como se fose un cuadro ou unha execución pública, e cando me armei de valor para responder forceime a baixar a cabeza cando me enfrontaron se quería vivir tranquila os meus días no instituto.
Non.
Nunca sufrin bullying hardcore, ninguén me acosou a cara e polo xeral sempre estaba ao marxe. Pero bueno, sí que o sufrín en certa maneira, sentía o que decían, facíanme insegura eles e os canons de beleza, sentíame pequena ao lado deles, inferior, que non servía e unha é outra vez deixaba que todos me pisaran e pasasen por encima.
Nunca me rebelaba, non coma cando tiven o primeiro 'amor', ahí eu non me sentía pequena, pero despois dos 15, cando a miña relación con él empezou...
A inseguridade aumentou.
Eu sabía e sei que os canones de beleza non engloban o meu corpo. Eu sei o que decía esa xente tan patética que non ten outra cousa que facer eran verdades a medias, non teño un corpo socialmente aceptado, e seino mellor que vos. Pero antes non era consciente de que dades igual, sodes unha infíma gota de merda no mundo e a vosa opinión non é máis importante ca miña. Os corpos son fermosos se os miras. Eu son fermosa. Moito máis que vos seres superficiales e horribles.
Eu sei que os que me insultan e me insultaban querían que rompese en anacos. E tamén sei que non lles dei o gusto de todo.
Pero xa non.
Esa personalidade adaptable que me forzastes a crear é moi útil, son capaz de analizar aos meus amigos de verdade e sacar temas e intereses comúns para facer a tarde mais entretenida e ser capaz a seguir coñecendoos. Son capaz a falar polos codos e entretelos, son capaz de ser eu con eles.
Acéptome a min misma.
Descubrindo cada día máis facetas de min, máis formas de sentirme a gusto, a miña sexualidade, que vos non sodes ninguén e que son cada día máis forte.
Moito máis.
Que nin ti nin ninguén me vai tirar.
Porque non hai ninguén máis grande ca ti mismo e nadie me vai querer como me quero eu, así, bonita e cos meus fermosos defectos.
Con persoas maravillosas na miña vida.
Conmigo.
Con eles.
Con todo o que somos e seremos. Merece a pena levantarse e facerlle frente.